O FORO DOS SIAREIROS DO LICEO

H.C.Liceo 2010/2011 A tempada pasada conseguimos a CERS, este ano temos que conseguir outro titulo!
 
ÍndiceÍndice  PortalPortal  CalendarioCalendario  GaleríaGalería  FAQFAQ  BuscarBuscar  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  RexistrarseRexistrarse  LoginLogin  

Comparte | 
 

 11º Xornada Liceo - Vic

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo 
AutorMensaxe
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 9th 2010, 3:20 pm

Partido importante o de este Sábado, ás 18:00 en riazor coma sempre, esperemos poder seguir amosando que este ano pode ser o noso.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 9th 2010, 3:49 pm

el vic es duro de roer pero podremos
FORZA LICEO
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 10th 2010, 10:01 am

O calendario aperta ao Coinasa Liceo. Serán catro os partidos que terá que xogar en só dez días. O primeiro mañá no Palacio dos Deportes de Riazor contra o Vic na OK Liga. Despois viaxará a Reus nun novo enfrontamento na competición doméstica. Será unha xornada en martes porque o seguinte fin de semana volve a liga Europea, na que recibirá ao Bassano. Este tería que ser o último encontro antes de que os verdibrancos tomásense unhas merecidas vacacións dunha semana, pero a Federación Española fixou onte a nova data do duelo aprazado contra o Lloret -pola imposibilidade de viaxar do conxunto coruñés pola folga encuberta dos controladores aéreos- , que se xogará finalmente o 21 de decembro. O descanso terá que esperar, por tanto, un par de días e ademais, recórtase: dunha semana a só cinco días.

"É o que hai", resume Carlos Gil, resignado. "Non había moitas máis datas dispoñibles porque segundo as normas da Federación hai que xogar o partido aprazado nos próximos 21 días, así que había que facelo antes do 25 e só quedaba esa semana e o mellor día era o 21", engade. O técnico arxentino recoñece que tiña pensado dar vacacións aos seus xogadores durante a semana do 20 ao 26, para que pasasen Nadal nas súas casas e o día 27 regresasen aos adestramentos. O plan inicial vese trastornado e o descanso recórtase a tan só cinco días. "Tocou así e así é", laméntase, aínda que tamén consegue sacar á situación o lado positivo: "Isto rompe a rutina e sempre é bo. Ademais, pode ser unha vantaxe parar menos".

O que non pode ser positivo é a saturación de partidos no próximos dez días, ademais, todos de vital importancia. Primeiro medirase a Vic e Reus, dous dos grandes da OK Liga e contra os que se pode estar a xogar parte do título, e despois, na segunda xornada da liga Europea, recibirá ao Bassano coa necesidade de gañar porque na primeira xornada os verdibrancos caeron na cancha do Reus. Carlos Gil, con todo, está confiado. "Estamos ben, con confianza de sacar adiante todos os partidos que nos veñen agora. Aínda que está claro que vai ser complicado", analiza.

O adestrador bonaerense poderá contar xa con todo o seu persoal. Despois da recuperación do porteiro Xavi Malián, que estivo ausente por tres partidos -substituíuno baixo o pau o angoleño Tiago Sousa-, Gil terá á súa disposición ao defensa portugués Pedro Afonso, que estivo preto dun mes de baixa por unha recaída dos seus problemas co ombreiro dereito, do que foi operado o pasado verán tras sufrir unha luxación. "Pedro está xa cun bo nivel de traballo. Xa o estaba hai unha semana, pero preferimos esperar para que puidese estar ao 100% das súas condicións. Xa poderei contar con el e esperemos que non haxa ningunha complicación máis", conclúe Carlos Gil.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
RUBY

avatar

Cantidade de envíos : 493
PUNTIÑOS : 3721
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 26/09/2008
Edad : 40
Ubicación : La Coruña

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 10th 2010, 2:37 pm

Mañana partido vital para las aspiraciones, en casa tenemos que ser fuertes, que los equipos sepan que es complicado puntuar en Riazor y que seguimos en todo lo alto como lideres, asi que a animar como nunca, en esta semana nos jugamos muchas cosas tanto en OK Liga como en Liga Europea...vamosssssssss !!!!!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 11th 2010, 11:44 am

Ao Coinasa Liceo a temida costa de xaneiro adiantóuselle un mes, o de decembro, no que se lle acumulan catro partidos en dez días. O primeiro será esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor. Nel darase cita, ás 18.00 horas, co Vic, un vello rival co que loitou fronte a fronte nos últimos anos por todos os títulos. En 2010, con todo, os branquivermellos parecen descolgados. Están a dez puntos e distan moito da súa mellor versión tras a perda dos seus dous puntais da pasada tempada: o porteiro Sergi Fernández e o dianteiro Marc Torra. A pesar diso, calquera erro ante xogadores da talla de Tití Roca, Jordi Carbó, Romá Bancells ou o arxentino Lucas Ordóñez págase caro. Chegou a hora da verdade e o Liceo non pode fallar.

"Todos os partidos son difíciles, pero si que é verdade que agora chega o realmente complicado", admite Pablo Álvarez. O dianteiro arxentino avisa de que seguro que o Vic plántase na pista do Palacio "moi pechado atrás" e buscando "xogar á contra". Por iso o fundamental para o Liceo será non despistarse: "Temos que entrar metidos no partido desde o primeiro segundo, sen estar despistados no principio, como noutros encontros, e evitar cometer erros". O sete liceísta refírese ao último choque en casa, no que o equipo tivo que remontar un 1-3 tras deixarse pillar á contra polo Blanes.

De esguello, no entanto, os verdibrancos teñen que mirar o que aínda teñen por diante. Sen tempo para respirar viaxarán a Reus o martes para medirse ao único equipo que este ano foi capaz de vencerlles -na primeira xornada da liga Europea (6-3)- e o único que consegue seguir o seu ronsel na OK Liga -comparten a cabeza da táboa con 27 puntos, cun partido menos para o Liceo-. Por iso, tamén será decisivo o duelo que no Palau enfrontará ao Barcelona co Reus. "Non vou con ningún, aínda que me gustaría máis que gañase o Barça", confesa o de San Juan. Se o Liceo vence, o resultado dese partido podería supor despegarse por fin dos roxinegros no liderado ou o golpe practicamente definitivo aos azulgranas.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 11th 2010, 11:47 am

Xornada moi interesante con dous partidos entre os catro primeiros:

Liceo - Vic
Barcelona - Reus

Penso que se gañamos non estaría mal que gañase o barça, xa que seguiría a 7 puntos que serían 10 se gañamos en Lloret e así deixaríamos ao Reus a 3 (ou q 6), aínda que un empate sería o mellor, xa que os deixaríamos ao barça a 9 e ao reus a 2 (de gañar o noso partido ante o lloret sería 12 e 5 respectivamente)
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
chapas



Cantidade de envíos : 398
PUNTIÑOS : 3614
Reputación : 3
Fecha de inscripción : 29/10/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 12th 2010, 11:31 am

1-3 Palmamos.
Tanto vai o cántaro a fonte...
Partido moi espeso, como case todos os que xogamos ultimamente no pabillón. O que pasa é que esta vez tiñamos enfronte a unha boa defensa e a un Freixas en estado de gracia. Unha mágoa, porque coa derrota do Barça no Palau fronte ao Reus os tiñamos descartados para o título. Agora está todo un pouquiño máis apretado. Gañando en Reus volveriamos a dar un golpe enriba da mesa, pero se palmamos...

Eu confío nos nosos xogadores.

A ver que pasa
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
RUBY

avatar

Cantidade de envíos : 493
PUNTIÑOS : 3721
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 26/09/2008
Edad : 40
Ubicación : La Coruña

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 12th 2010, 11:58 am

Pues si, como bien dice Chapas, un partido muy complicado, espeso, con muchas perdidas de bola. El Vic se encerró bien atras esperando las contras y nos fue practicamente imposible encontrar un hueco, ademas en las pocas ocasiones que tuvimos de penetrar en su defensa, nos encontramos con un inspirado Freixas...asi que nada, a remar de nuevo y el Martes a puntuar en Reus, tenemos que seguir ahí en lo más alto...

Por cierto, quiero destacar de nuevo el apoyo de "La seccion", ayer con algunos miembros menos en la grada, pero siempre dando el aliento necesario, sobre todo en los ultimos minutos cuando estaba ya todo perdido, nunca se dejó de animar al equipo. Felicitar al "speaker" de ayer, que se dejó la garganta. A seguir así chicos...nos vemos el Sabado !!! Forza Liceo !!!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 12th 2010, 9:52 pm

el vic nos tiene tomada la medida ostia!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
RUBY

avatar

Cantidade de envíos : 493
PUNTIÑOS : 3721
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 26/09/2008
Edad : 40
Ubicación : La Coruña

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 13th 2010, 10:40 am

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   Decembro 13th 2010, 2:37 pm

Pois si, mal partido o outro dia, sobre todo na primeira metade, na segunda non xogamos mal, pero a pelotita non queria entrar, o único que penso que se lle pode achacar ao equipo na segunda metade foi que parecía que non sabían que facer, estaban 5 minutos tirando seguido dende lonxe e logo estaban 5 minutos intentando entrar dentro da portería.
Pero todos sabíamos que algún día perderíamos, eu pensaba que ao Vic lle gañaríamos e mañán pensaba que era un partido que se podía perder, pero agora xa non, é importantísimo puntúar en Reus para seguir aspirando a todo como ata o de agora.

E comentar tamén que os xogadores ao rematar o partido estaban moi mal, como se acabaran de perder un título, iso é moi bo, xa que demostra que están moi implicados, pola noite abro o tema para falar do partido de mañán e poño o reportaxe do as (nunca pensei que o podería dicir, pero non está nada mal, sobre todo para ser o as..).
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: 11º Xornada Liceo - Vic   

Volver arriba Ir abajo
 
11º Xornada Liceo - Vic
Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
O FORO DOS SIAREIROS DO LICEO :: Ok Liga 2010/2011-
Cambiar a: