O FORO DOS SIAREIROS DO LICEO

H.C.Liceo 2010/2011 A tempada pasada conseguimos a CERS, este ano temos que conseguir outro titulo!
 
ÍndiceÍndice  PortalPortal  CalendarioCalendario  GaleríaGalería  FAQFAQ  BuscarBuscar  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  RexistrarseRexistrarse  LoginLogin  

Comparte | 
 

 3º Xornada Liceo - Voltrega

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo 
AutorMensaxe
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 11:29 am

O partido sera disputado hoxe ás 18:00 no pavillón de Riazor, partido que a priori debería ser facil, a pesar de que o Voltregá non o fixo nada mal nas dúas xornadas anteriores nas que perdeu pero contra equipos coma o Vic e o Reus e por pouca diferencia, (3-2 e 1-3 respectivamente).
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 11:29 am

O Coinasa Liceo quere seguir no ronsel da vitoria. Leva dous en senllos encontros, o que lle permitiu situarse na cabeza da táboa, con seis puntos, xunto aos que serán os seus principais rivais ao longo da tempada: Barcelona, Reus e Vic, aos que se medirá ao final do ano. O calendario da OK Liga, deseñado mediante un sorteo dirixido que obriga a enfrontarse aos equipos máis fortes no últimas catro xornadas de cada volta, desposúe de emoción aos primeiros duelos da competición. Así, os herculinos, unha semana máis, volven atoparse ante si a un rival ao que sobre o papel superan en calidade e xogo. É o momento, por tanto, de sumar, porque son xornadas teoricamente fáciles nas que do mesmo xeito que a formiga durante o caloroso verán, os coruñeses terán que ir acumulando o maior número posible de puntos para cando chegue o frío e duro inverno coa batalla final.

Despois de imporse ao Tenerife e ao GEiEG, a próxima pedra no camiño será, esta tarde (18.00 horas), o recentemente ascendido Voltregá. Os cataláns pasaron un ano en Primeira e agora regresan a División de Honra con aires renovados e firmes intencións de non volver ao inferno, e a pesar de que levan cero puntos, plantaron cara ao Vic e ao Reus. Hai dous anos que non visitaban o Palacio dos Deportes de Riazor e atoparanllo ben cambiado. Pista nova, unha tarima flotante que segundo Carlos Gil, o técnico verdibranco, "é moi rápida" e toda unha sorpresa para os conxuntos rivais: "Esta cancha beneficia, sobre todo, a quen está afeito xogar nela". Dio o arxentino con coñecemento de causa. "É moi diferente á anterior, tes que afacerche ao bote da bóla, a moitas cousas, pero non podo ocultar que estou contentísimo co cambio", admite. As obras no estadio, con todo, aínda non están terminadas. Os xogadores terán que cambiarse nos vestiarios do Frontón, e os afeccionados só poderán acceder ao recinto pola porta uno, pois só estará habilitada unha das bancadas laterais.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 11:32 am

Xa se xogaron dous partidos nesta xornada, os resultados son os seguintes:
Reus 7-3 Vendrell
Blanes 2-2 Noia

Hoxe o resto dos partidos, que son os seguintes:
Tenerife - GEiEG
Liceo - Voltregá
Vic - Vilanova
Lloret - Alcoy
Barcelona - Igualada
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 2:30 pm

vamoss mii liceoo vamoss campeonn!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
chapas



Cantidade de envíos : 398
PUNTIÑOS : 3614
Reputación : 3
Fecha de inscripción : 29/10/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 6:44 pm

6-3 para o Liceo.
Resultado enganoso, xa que o Voltrega puxo as cousas difíciles ata os últimos 2 minutos.
Pablito e Xavi está a soster ao equipo neste inicio irregular de temporada.
Hoxe, probablemente, Jordi desputou o peor partido como verdibranco que eu lle vin, aínda así marcou un goliño para pechar o marcador. Gustoume moito Grasas. Con el no campo o equipo tivo moito máis equilibrio e control do ritmo do partido.
Segundo a páxina web do Barça, perderon 4-5 contra o Igualada.

Nos temos que mellorar moito se queremos, alo menos, desputarlle algún título á Barça, Vic e Reus.
Dos novos, o que máis me gustou (a parte de Xavi) foi Pedro Afonso.

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
RUBY

avatar

Cantidade de envíos : 493
PUNTIÑOS : 3721
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 26/09/2008
Edad : 40
Ubicación : La Coruña

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 7:21 pm

Gran victoria del Liceo.....nos mantiene en los puestos altos y una gran noticia la derrota del Barcelona en su pista. Quiero destacar desde aqui, que somos pocos, pero que hoy animamos sin parar durante todo el partido, es la tonica a seguir durante la temporada, asi que animo chavales !!!! Forza liceo !!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 16th 2010, 8:39 pm

gran victoria y seguimos ahi arriba
grande liceo!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 17th 2010, 11:56 am

Hai que destacar a parte da derrota do Barça o empate do Vic tamén na casa ante o Vilanova por 3-3, só faltou o Reus, pero polo demáis foi unha grandisima xornada.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 17th 2010, 11:57 am

Outra vez Pablo Álvarez. O dianteiro arxentino volveu sacar a maxia da súa chistera para salvar a un Liceo que estaba coa auga ao pescozo. O catro goles do de San Juan foron vitais para que os coruñeses conseguisen a terceira vitoria consecutiva da tempada (6-3), un triunfo máis que sufrido pois o Voltregá, moi ordenado en defensa, adiantouse en dúas ocasións no marcador (0-2) e o conxunto de Carlos Gil parecía non ter recursos para facer fronte á presión dos cataláns. A eficacia de Álvarez e as paradas de Malián cimentaron a remontada dos verdibrancos, que no entanto demostraron lagoas defensivas e cometeron demasiados erros, algo que lles podía saír demasiado caro, pero que souberon corrixir a tempo.

Deu a impresión de que aos xogadores locais custoulles demasiado entrar no partido, tanto como toda a primeira parte (do mesmo xeito que o electrónico do Palacio, que non funcionou até a segunda metade). Mentres o Voltregá estaba moi activo, con faísca, atento a todas as accións, o Liceo ía cunha marcha menos. Como exemplo a acción do primeiro gol: Sergi Miras errou no pase e deixou só a Romeu fronte a Malián, que parou o primeiro tento pero xa nada puido facer co rexeite. 0-1. Minuto sete. Aínda quedaba tempo para remontar.

Con todo, non houbo reacción. O Voltregá roldou o segundo en varias ocasións, que chegou no 13 por medio de Romeu. E aínda máis, puido caer o terceiro. O Liceo cometía demasiado fallos que permitían aos cataláns plantarse xunto a Malián en superioridade de efectivos. Corrían os minutos e os herculinos non eran capaces de inquietar a un rival moi metido na súa portaría. Ata que a piques de irse ao descanso Pedro Afonso roubou unha bóla no seu campo, meteu un pase longo á desesperada que cazou Barreiros para bater cun bo tiro a Torelló.

A remontada quedaba máis preto. Ademais, no segundo acto todo cambiou. Os verdibrancos, moito máis ordenados en defensa, xa non permitían tantas ocasións, e Pablo Álvarez, que sufrira unha férrea marcaxe individual, conseguiu sacar a súa maxia persoal. Marcou o empate e adiantou aos seus cun gol que se inventou cun tiro de costas. Despois deu a tranquilidade aos locais con dous tantos máis. Catro nunha tarde, dez no que vai de tempada (tres partidos). O arxentino namorou ao Palacio e como é xa costume, salvou ao Liceo.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 17th 2010, 12:05 pm

Resultados da Ok Liga:

Tenerife 2-2 GEiEG
Liceo 6-3 Voltregá
Reus 7-3 Vendrell
Vic 3-3 Vilanova
Lloret 4-3 Alcoy
Blanes 2-2 Noia
Barcelona 4-5 Igualada
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 17th 2010, 12:08 pm

Clasificación:

Reus 9
Liceo 9
Vic 7
Barça 6
Igualada 6
Blanes 4
Noia 4
Vilanova 4
Lloret 3
ALcoy 3
Vendrell 3
GEiEG 3
Voltregá 0
Tenerife 0



Hai algún erro, xa que segundo a paxina da fep o resultado do Tenerife - GEiEG onte foi de 2-2 e na claisficación poñenlle os 3 puntos ao GEiEG, non sei se o erro está no resultado ou na clasificación.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
roizinho



Cantidade de envíos : 134
PUNTIÑOS : 2147487000
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 19th 2010, 11:32 am

Grandes chavales e grande Liceo!!! partidazo o outro dia
iso e animar e o demais son tonterias!
se seguimos a este nivel toda a tempada axudaremos a q non se nos escapen puntos do pavillon, que e algo moi importante


PD - 28 maio barsa-liceo campions no palau¿? pq non¿? Wink
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Mateo



Cantidade de envíos : 97
PUNTIÑOS : 2999
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 16/12/2009
Ubicación : A Coruña

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 19th 2010, 1:05 pm

eu prefiro ser campions en Riazor fronte o Reus e que no palau nos fagan o "pasillo" de campions jejee
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
roizinho



Cantidade de envíos : 134
PUNTIÑOS : 2147487000
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 19th 2010, 1:43 pm

Pois tampouco estaria mal a verdade jeje
sirvenme calqueira das duas jejeje
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Mateo



Cantidade de envíos : 97
PUNTIÑOS : 2999
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 16/12/2009
Ubicación : A Coruña

EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   Outubro 19th 2010, 3:14 pm

a min tamén jajaa
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: 3º Xornada Liceo - Voltrega   

Volver arriba Ir abajo
 
3º Xornada Liceo - Voltrega
Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
O FORO DOS SIAREIROS DO LICEO :: Ok Liga 2010/2011-
Cambiar a: