O FORO DOS SIAREIROS DO LICEO

H.C.Liceo 2010/2011 A tempada pasada conseguimos a CERS, este ano temos que conseguir outro titulo!
 
ÍndiceÍndice  PortalPortal  CalendarioCalendario  GaleríaGalería  FAQFAQ  BuscarBuscar  MembrosMembros  Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios  RexistrarseRexistrarse  LoginLogin  

Comparte | 
 

 Comentarios xerais da Ok Liga.

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo 
AutorMensaxe
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Comentarios xerais da Ok Liga.   Setembro 3rd 2010, 10:33 pm

Aqui falaremos de todo o que teña que ver coa Ok Liga, iremos poñendo coma sempre un tema para cada xornada da Ok Liga, pero iremos actualizando este tamen para poñer os resultados a clasificacion e para falar do resto dos partidos que non xogue o Liceo.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Setembro 3rd 2010, 10:36 pm

Que opinion tedes da Ok Liga este ano¿?
Favoritos para gañala, para descender, para clasificarse para a copa.. etc

Eu penso que os favoritos para gañala son os mesmos que o ano pasado, pola orde que quedou a Ok Liga, favorito principal coma sempre o Barça, segundo favorito o Liceo, e terceiro favorito o Vic, a partir de ai hai un grupo de equipos que penso que seran un pouco incognita coma o Reus ou o Vilanova, que ultimamente estan a facer boas tempadas.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
RUBY

avatar

Cantidade de envíos : 493
PUNTIÑOS : 3721
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 26/09/2008
Edad : 40
Ubicación : La Coruña

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Setembro 28th 2010, 8:58 am

Aqui teneis las plantillas al completo de la OK Liga. Me llama la atencion el Blanes, es Benito su entrenador ? jajajaja....



http://www.hockeyclubliceo.com/newsligaok128.html
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Outubro 1st 2010, 1:24 pm

Pois si ruby, este ano debuta o noso amigo benito como adestrador Smile
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Mateo



Cantidade de envíos : 97
PUNTIÑOS : 2999
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 16/12/2009
Ubicación : A Coruña

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Outubro 1st 2010, 5:21 pm

benito tu retraso no es normaaal!!!! ajaja é que nolo poñen a huevo! Very Happy
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Outubro 1st 2010, 10:08 pm

cuando venga el blanes como lo vamos a pasar con su mister jajaja
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
chapas



Cantidade de envíos : 398
PUNTIÑOS : 3614
Reputación : 3
Fecha de inscripción : 29/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Novembro 16th 2010, 10:32 pm

Quería comentar neste post o tema do Barça. Ten que haber algo dentro do vestiario gordo que non sabemos. Non me creo que eses xogadores sexan incapaces de gañarlle ao Vendrell nin ao Voltrega. Un pinchazo pode ser, pero xa levan 4 en 8 partidos. A verdade é que estou moi contento de que isto suceda pero a vez algo estrañado. De todas maneiras, achégase o momento de xogar os favoritos entre nos. Aínda que está máis preto que o Barça eu descartaría ao Vic pola loita do Campionato.Teñen ao rapaz arxentino Lucas ordoñez pero non lle vexo moita consistencia atrás. O Barça (outro tropezo máis unida a victoria do Liceo sería case definitivo) e o Reus serán, coma case sempre, os rivais do Liceo.
Queda moito, pero soñar non ten cancelas...
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Novembro 16th 2010, 10:59 pm

A verdade é que si, o outro día o estiven falando, e o do Barça non é normal, aí ten que haber algo raro, non sei se será o adestrador, ou os xogadores maiores, ou o que sexa, pero algo ten que haber que non se saiba...
E por outra parte, no do Vic estou bastante de acordo, non o vexo loitando pola Ok Liga, e eu penso que loitaremos tan só có Reus pola Ok Liga, xa que o Barça está a 10 puntos xa, iso son 4 partidos, e non vai gañar todo o que queda.
Na próxima xornada chega o bonito, Barça - Vic, eu persoalmente penso que se gaña o Vic a Ok Liga sería cousa de Reus e Liceo, xa que non vexo ao Vic toda a tempada arriba, e o Barça se non erramos nos quedaría a 13 puntos, distancia que eu penso que sería practicamente insalvable.
Nós agora temos dous partidos gañables, Liceo - Blanes e Lloret - Liceo.
Gañando estes dous partidos chegaríamos aos tres últimos da primeira volta nunha posición que non podería imaxinar ninguén ao principio da tempada, máis que nada porque nestas dúas xornadas hai partidos moi interesantes:
Barça - Vic; Vilanova - Barça; Vic - Reus.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Novembro 18th 2010, 10:51 am

Cumprido case un terzo da tempada, o catro grandes da OK Liga van collendo posicións na grella de saída para a carreira polo título. O mellor colocado é o Liceo. O espectacular arranque dos verdibrancos, que gañaron todo o que disputaron até o momento -oito partidos, oito vitorias- sitúaos na pole. Por detrás, pero compartindo a primeira fila, está o Reus. Perde tres puntos, pero mantense ao rebufo, expectante a calquera erro do líder para adiantalo. Co Vic, terceiro, xa hai máis oco, distanciado a sete puntos. Pero o máis sorprendente é a cuarta posición do Barcelona, que se deixou polo camiño dez puntos e contra os rivais máis débiles, un Red Bull pasado na recta polos Hispania.

Na próxima xornada comezarán os enfrontamentos directos e a orde de saída para afrontar a segunda volta quedará definido. O Liceo é o único que de momento fixo o seu traballo, aínda que ninguén quere botar as campás ao voo. "Aínda queda moita liga, moito traballo que facer e moito que mellorar", repiten até a saciedade os xogadores verdibrancos. Os contrarios venos, de momento, como os rivais a seguir. "Até agora demostrou que é o equipo máis forte", di Tití Roca, mentres que Marc Gual destaca o "bo inicio" dos coruñeses.

O Reus espera acazapado un fallo do conxunto de Carlos Gil. É o equipo revelación. O ano pasado perdeu parte do seu potencial coa marcha de Pedro Gil e Gual, pero a recuperación do oito serviulles para ser de novo un dos grandes, a pesar de estar baixo mínimos por culpa das lesións. "Coa baixa do Negro Páez somos poucos, pero coa entrega de todos e as ganas de facelo ben estamos a tirar para adiante", di o de Sant Sadurní d'Anoia.

O caso do Vic é diferente. Perdeu no verán a dous dos seus principais activos, o porteiro Sergi Fernández e o dianteiro Marc Torra, que se marcharon ao Barça. Segue entre os mellores, pero xa a sete puntos do líder. "Temos que mellorar moito, sobre todo porque nos estamos deixando moitos puntos en casa. Non podemos fallar máis", sentenza Tití Roca, capitán do equipo branquivermello.

O do Barcelona é moito máis sorprendente. Todo o mundo do hockey sobre patíns faise a mesma pregunta: Que lle pasa ao Barça? "Nada. Sempre empeza mal a liga. Este ano tiveron case todos os xogadores un verán movidito adestrando coa selección, polo que están cansos. Tamén creo que lles falta algo de motivación. De todos os xeitos, creo que como sempre o volverán a gañar todo", apunta Jaume Llaverola. O ex porteiro verdibranco agora está nas filas do Igualada, un dos equipos que gañaron aos azulgranas, tiranos dominadores do últimas trece tempadas.

Na anterior foron campións nun man a man co Liceo, ao que finalmente superaron por catro puntos. Por iso, o gardameta desenvolve unha interesante teoría. "Falando cun compañeiro chegamos á conclusión de que se o ano pasado o Barça fallase tanto, nós (polo Liceo) gañásemos o título. É inxusto", argumenta Llaverola. Marc Gual prefire non pensar niso. "A touro pasado é moi fácil dicilo, pero as tempadas sempre son diferentes", di o ex xogador liceísta, esta campaña de regreso no Reus. O certo é que en 2010 o Barça deixouse só 14 puntos, polos 18 dos herculinos, e este xa vai polos 10 en unicamente oito partidos.

A pesar do mal inicio do Barcelona, ninguén quere descartalo na carreira polo título. A súa especialidade son as remontadas despois das malas saídas. "Xa sabemos como é o Barça, que empeza mal e termina moi ben. É o mellor equipo da liga e nunca te podes fiar", recoñece Jordi Bargalló. "Cústalle moito empezar e poida que non estea a ter a mesma sorte que outros anos, pero ao final estará onde lle corresponde", achega, pola súa banda, Marc Gual. Tamén desde o Vic resístense a sacar aos azulgranas da quiniela de candidatos. "Ata que matematicamente teñan posibilidades, seguirán sendo os favoritos", comenta Tití Roca.

O seu adestrador, con todo, móstrase moito máis pesimista. "É posible que perdésemos a liga, pero non quero pensalo. Evidentemente non sei até cando poderemos recuperar puntos. Pero recuperaremos a ambición", admite Ferran Pujalte. "Temos que recortar puntos partido a partido, pero se nos empeñamos niso porémonos máis presión e iso xoga en contra nosa", engade.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Marzo 23rd 2011, 2:27 pm

Comeza o importante..

A partir da próxima xornada comezan os "enfrontamentos directos" cun Vic - Barça.
Os tres equipos que aínda teñen posibilidades de gañar a Ok Liga teñen un calendario bastante parecido, con duelos directos entre os tres por suposto.
A continuación as 6 últimas xornadas.

Xornada 21
Liceo - Igualada
Barça - Vendrell
Reus - Blanes

En teoría os tres equipos deberían de gañar sen demasiados apuros.

Xornada 22
Blanes - Liceo
Lloret - Reus
Vic - Barça

Nesta xornada os tres equipos xogan fóra, o equipo que en teoría o ten máis complicado será o Barça, logo a pista do Lloret nos últimos anos adoitaba ser moi complicada, pero este ano non están moi ben, pero están a xogarse a permanencia, así que facil tampouco o terán.
E o noso partido en teoría sería bastante doado, xa que o Blanes está en terra de ninguén sen xogarse nada.

Xornada 23
Liceo - Lloret
Reus - Vic
Barça - Vilanova

Os tres equipos volven a xogar na casa, Reus e Barça contra equipos que loitan polo 4º posto e o Liceo contra o colista, que se xoga a salvación.

Xornada 24
Vic - Liceo
Reus - Barça

A xornada que eu penso que decidirá a Ok Liga, o Liceo ten un durisimo partido na cancha do Vic e o Reus e o Barça xogan entre eles, se os 3 equipos gañan as súas tres xornads anteriores nesta xornada pode pasar de todo. Se o Reus perdera ou empatara e gañase o Liceo, na seguinte xornada o Liceo xogaríase a Ok Liga na casa.

Xornada 25
Alcoy - Barça
Liceo - Reus

O Barça xoga na pista dun Alcoi que se xoga a salvación e o Liceo recibe ao Reus no pavillón de Riazor, nun partido do que en teoría debería saír o campión da Ok Liga se Liceo e Reus cumplen cos seus deberes ata ese día.

Xornada 26
Reus - Tenerife
Barça - Liceo

Xornada que podería sobrar.. ou non, xa que se o Reus remata mal a Ok Liga poderíase xogar o título no partido do palau, está a liga tan igualada que é demasiado complicado dar unha opinión de como pode estar a clasificación da Ok Liga nestes momentos.

Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Marzo 23rd 2011, 2:41 pm

Ojala tengamos sentenciada la ok liga antes del barça liceo
porque me temo que el barça ya nos tiene tomada la medida y aun encima en su pista
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
chapas



Cantidade de envíos : 398
PUNTIÑOS : 3614
Reputación : 3
Fecha de inscripción : 29/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 3rd 2011, 10:30 am

Dando por gañado o partido ante o Lloret, so unha ecatombe podería deixarnos sen os tres puntos, creo que gañando a Vic e Reus (dise moi doado jeje) gañariamos a Liga e non faría falla puntuar no Palau. Penso que o Barça está imparable e vai a gañar os catro partidos que quedan. Se gañan ao Reus e nos gañamos ao Vic pasaríamos nos de primeiros cun punto de ventaxa. Logo, se gañamos nos ao Reus no Pavillón seríamos matemáticamente campións, xa que quedarían os tarraconenses a 4 puntos e o Barça seguiría a 5 puntos. Xa seríamos inalcanzables, cun partido por disputarse.
Este é o conto da leiteira e hai que ir partido a partido, pero soa bastante ben, non??
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 3rd 2011, 7:40 pm

chapas escribiu:
Dando por gañado o partido ante o Lloret, so unha ecatombe podería deixarnos sen os tres puntos, creo que gañando a Vic e Reus (dise moi doado jeje) gañariamos a Liga e non faría falla puntuar no Palau. Penso que o Barça está imparable e vai a gañar os catro partidos que quedan. Se gañan ao Reus e nos gañamos ao Vic pasaríamos nos de primeiros cun punto de ventaxa. Logo, se gañamos nos ao Reus no Pavillón seríamos matemáticamente campións, xa que quedarían os tarraconenses a 4 puntos e o Barça seguiría a 5 puntos. Xa seríamos inalcanzables, cun partido por disputarse.
Este é o conto da leiteira e hai que ir partido a partido, pero soa bastante ben, non??
pues si
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 4th 2011, 6:17 am

chapas, iso é exactamente o que digo eu..
Eu aínda digo máis, xogamonos a Liga en Vic, xa que teño a confianza de que ao Reus aquí gañámoslle, o Barça vai gañar todo o que queda, e seguramente fagao sobrado, xa que o 1-6 de Vic deste Sabado así o demostra...
O Martes aínda así espero ver a moita xente en Riazor, xa que a pesar de ser un partido "moi doado" nunca se sabe, e os xogadores merecen un pouco de apoio antes de xogarse todo.

volveremos volveremos
volveremos otra vez
a ganar la Ok Liga
como en el 93
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 4th 2011, 3:35 pm

ya vamos a ser! ya vamos a ser campeoness otraa vezz!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
chapas



Cantidade de envíos : 398
PUNTIÑOS : 3614
Reputación : 3
Fecha de inscripción : 29/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 6th 2011, 6:32 pm

Menudo final de infarto que nos depara a OK Liga. Ao apretado da clasificación súmase o suspense do calendario, xa que ata finais de abril non se xogará a xornada Vic-Liceo e Reus-Barcelona e ata o 21 de maio non se xoga a xornada Liceo-Reus. Menudas mentes privilexiadas que confeccionaron o calendario. Que eu saiba so hai as finais da Liga Europea e a Cers,non???
En canto o estricatamente deportivo, descarto ao 80% ao Barça de cara o título, xa que está a 7 puntos do Reus e quedan 9 por disputarse.A última xornada xógase un Reus-Tenerife que fai moi díficil a remontada culé.

Quen me dera poder ver o partido contra o Vic!!! Creo que ese pode ser a chave da nosa victoria na OK Liga. O Vic non se xoga nada importante e é o fiasco da tempada. De todas maneiras teñen moi bos xogadores e un porteiro que está a facer un gran campionato.

Quedan tres semana pero eu xa empezo a estar ansioso...
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 6th 2011, 7:24 pm

Eu tamén opino que o partido de Vic é tan importante coma o Liceo-Reus practicamente, porque tes moitisimo que perder contra un equipo coma o Vic, que é moi complicado que perda tres partidos seguidos..
Por outra parte, chapas, hai competicións internacionais, o que non sei é porque as poñen agora.. non ten moito sentido, e coma xa puxen no post da Final-8 o partido ante o Reus vai cambiar de datas, aínda non se sabe cando se xogará, pero coméntase que será o 7 de Maio.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
RUBY

avatar

Cantidade de envíos : 493
PUNTIÑOS : 3721
Reputación : 1
Fecha de inscripción : 26/09/2008
Edad : 40
Ubicación : La Coruña

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 6th 2011, 10:04 pm

La web del Liceo confirma que el partido con el Reus se jugará el Sabado 7 Mayo...asi que ya pueden ustedes anotar esa fecha en sus agendas y no hacer planes, ese dia puede ser una jornada gloriosa....Forza Liceo !!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 7th 2011, 9:14 am

Pois sí, unha putada moi grande para moita xente, xa que haberá bastante xente en Gijón, esperemos que polo menos o partido do Dépor sexa o Domingo, senón eu penso que temos un problema..
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
pablo

avatar

Cantidade de envíos : 662
PUNTIÑOS : 2147486958
Reputación : 0
Fecha de inscripción : 27/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 7th 2011, 10:23 am

vaya putada yo no puedo ir a gijon con el depor pero ese partido del liceo no me lo pienso perder
A POR LA LIGA!!!
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
chapas



Cantidade de envíos : 398
PUNTIÑOS : 3614
Reputación : 3
Fecha de inscripción : 29/10/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 7th 2011, 1:41 pm

O partido contra o Barça segue a ser o 28 de maio??? Se nos imos a xogar a liga alá haberá que facer un esforzo para ir a animar non??? Eu espero que non faga falla e que o único que intere dese partido é se nos van a facer o pasillo de honra ou se van a escaquear coma fixeron o ano pasado coa CERS...
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario
Admin
Admin
avatar

Cantidade de envíos : 2919
PUNTIÑOS : 55228
Reputación : 2
Fecha de inscripción : 15/09/2008

EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   Abril 7th 2011, 8:29 pm

O viaxe ao palau podería ser moi moi interesante, pero para collelo ben haberia que collelo xa, e a putada e se ao final perdemos contra o reus (que non pasará!) e imos alí sen nada que facer xa..
E si, en teoria o partido será o 28 de Maio, xusto despois da Final8.
Volver arriba Ir abajo
Ver perfil de usuario http://hcliceo2008.forosactivos.net
Contenido patrocinado




EnvíoAsunto: Re: Comentarios xerais da Ok Liga.   

Volver arriba Ir abajo
 
Comentarios xerais da Ok Liga.
Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba 
Páxina 1 de 1

Permisos de este foro:Non pode responder a temas neste foro
O FORO DOS SIAREIROS DO LICEO :: Ok Liga 2010/2011-
Cambiar a: